❤️¡Moitísimas grazas de corazón a todos os que vos achegastes ao noso “IV Torneo e Gala Solidaria do Club Rítmica Coruña”. Foron meses de moito traballo organizando este evento para que máis de 600 ximnastas participantes gozasen dun día súper especial rodeados de todos vos, e as suas caras de ilusión e felicidade foron o mellor agasallo que podiamos ter! ❤️
Grazas a todos os clubs, asociacións e escolas participantes, aos nosos colaboradores, voluntarios do noso club e do @balrial , a @corunadeportes pola sua colaboración, aos pais e nais que nos axudastes a montar e a recoller, a @noemirey.p e @martaddj_ que suaron a pinga gorda dando vida á nosa mascota “ILLUSION”, a @carabela_artefloral polos preciosos ramos que preparou un ano mais para todos os nosos adestradores. E sobretodo moitísimas grazas a tod@s s nos@s ximnastas, corpo técnico e familias porque para nós ¡sodes os mellores! ❤️