🩷🖤 V Torneo e Gala do Club Rítmica Coruña 🩷🖤

✨Grazas aos clubs, asociacións e escolas participantes, a tod@s s nos@s voluntarios por estar sempre ahí; ó Concello da Coruña, Supermercados Gadis e Clínica dental Nicolás Oubina pola súa colaboración, aos pais e nais que nos axudaron a montar, a Miriam e Paula pola súa entrega dando vida á nosa mascota “ILLUSION”, a Carabela Arte Floral polos preciosos ramos que preparou un año mais para todos os nosos adestradores. E sobre todo, moitísimas grazas a tod@s s nos@s ximnastas!! ao corpo técnico pola súa profesionalidade e as familias polo seu apoio incondicional.

Despedímonos desta tempada coa satisfacción de ver a todas estas campioas gozar no tapiz e coa ilusión de volver atoparnos moi pronto. Mentres tanto, desexámosvos un verán cheo de felicidade, descanso e momentos inesquecibles!!

¡Grazas por formar parte desta gran familia!💖