Daniela Berdomás Sánchez (cadete prebase) e Clara Morgade Rodríguez (benxamín prebase) proclamáronse onte SUBCAMPIOAS GALEGAS!! Ademáis o conxunto xuvenil prebase formado por Ainara, Ana, Andrea, Sofía e Violeta quedou TERCEIRO DE GALICIA!!👏👏
Foi un longo día de competición onde a maioría das nosas ximnastas poñían fin a unha intensa tempada de torneos na cita máis importante do ano, o Campionato Galego. Todas deron o mellor de sí, e non podemos estar máis orgullosas do esforzo realizado en cada segundo dos seus exercicios. O simple feito de conseguir chegar ata aquí ten moitísimo mérito, e por iso queremos felicitar a tódalas integrantes dos conxuntos benxamín, infantil e xuvenil promoción, infantil prebase, e ás ximnastas individuais Yaiza, Claudia, Noa, Lola e Lena!!Sodes marabillosas! Agradecer a @corunadeportes @depucoruna @xuntagalicia a súa colaboración co noso club!